Castellano · English


'Casa de Verdes' foi construida en 1921 polo noso avó Ramón Verdes González.

Conservámola co mesmo aspecto no que chegou as nosas mans, pero aumentando moitísimo as comodidades, tanto a casa como os anexos sufriron unha importante mellora para adecualos ós novos tempos.

Estamos no centro do triángulo que forman A Coruña, Santiago de Compostela e Fisterra.

A nosa casa facilítalles unha situación ideal para realizar as visitas a estes tres lugares que encherán o seu tempo de agradables sensacións.

Ademáis a Costa da Morte estará sempre ó seu carón.


A casa conta cun estupendo ambiente de fogar, ao cal lle engadimos a guinda dunha estupenda lareira galega, onde a compañía do lume fai unha estancia máis que agradable.

Podemos alquilala na súa totalidade, co cal o ambiente xa se convirte nun lugar ideal para a súa familia ou grupo de amigos.

Visítenos e poderá comprobala.


Poden ter dereito a usar a nosa cociña totalmente equipada, por un módico prezo de 5 Euros por día.

Informarémolos das rutas que poden realizar tanto no seu coche coma a cabalo, ou si o prefire en Quad.



Contamos con sete habitacións dobles con baño e calefacción.

Na planta baixa está a cociña, o comedor e a sala coa lareira, na plata alta e na baixo cuberta están as habitacións e unha sala con cómodas butacas e TV, ideal para disfrutar de relaxadas charlas.

O Concello de Cabana de Bergantiños conta coa peculiaridade de ser un dos máis ricos en arte megalítico, contando co Dolmen de Dombate e o Castro de Borneiro, duas xoias das que poderá disfrutar. Ademáis temos a sorte de contar coa desembodacura do río Anllóns, unha paraxe natural increible polo que poderá darse longos paseos.


PREZOS
Habitación dobre
Habitación Individual
Casa completa
Almorzo
Temporada Alta
50,00 €
40,00 €
330,00€
4,00 €
Temporada Baixa
45,00 €
36,00 €
270,00€
4,00 €
Días Verdes en Tempada Baixa: 20% de desconto
Dereito a cociña: Suplemento de 5€

PAQUETES TURÍSTICOS


DESCUBRA A NOSA OUTRA CASA

Entorno natural, inmellorables vistas, tranquilidade, natureza
e descanso para as súas vacacións.

Ver Casa>>

 

REALICE A SÚA RESERVA

15149 Cundíns (San Paio) Cabana de Bergantiños - A Coruña (Spain)

Teléfono: (+34) 981 748622 · Móbil:
639 430 429

Fax: 981 748622

info@casadeverdes.com





Comnidade Virtual da Costa da Morte